Acerca de

Definición de arousaman (s. m. f.) Dícese de una persona inmersa en una situación excepcional y que empieza un viaje (prueba, reto o etapa) y que tan pronto lo inicia se da cuenta de que no está lo suficientemente preparado…y aún así busca recursos para dar nuevos pasos hasta la meta.

Extracto de los Estatutos (idioma: lengua gallega).

Asociación Deportiva-Cultural “arousaman. Manolo O Nacho”

Artigo 1. Denominación e natureza.

Coa denominación de Asociación deportiva-cultural “arousaman. Manolo O Nacho”, constitúese unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e demais lexislación aplicable

O 27 de Outubro de 2014, Manuel Martínez Saíñas, Manolo O Nacho, sufre secuelas neurolóxicas severas irreversibles a mans dos neurociruxáns que o interveñen na mesa de operacións, para a extracción dun tumor cerebral benigno, adquirindo un dano cerebral, DCA “Dano Cerebral Adquirido”. De súpeto queda privado das afeccións, amizades e soños de futuro. Unha perda de oportunidades e expectativas que lle privan dun estado de completo benestar físico, mental e social.

Tanto Manuel como a súa familia, inmediatamente danse conta de que non están o suficientemente preparados para enfrontarse a esta nova etapa…Ó igual que as persoas e familias que adquiren un dano cerebral (DCA), que a pesares de salvala vida, cando abandonan o hospital pasan a ser invisibles. Quedando expostas á exclusión social, limitadas pola discapacidade adquirida e limitadas tamén pola discapacidade provocada pola inexistencia dun plan de atención, un plan que contemple as súas necesidades específicas.

O 25 de Xullo de 2015, 7 nadadores, mulleres e homes: Sabela Pensado, Bruno Vázquez, José Hachero, Andrés e Nardy Sobrido, José Manuel Lorenzo e Juan Ramón Martínez, xunto con 4 kayakistas: Esther Barreal, Dani García, FranTorrado e David Carro; apoiados por 2 embarcacións cos patróns Juan Pérez e Ricardo Franco, xunto coa protección civil y a cruz bermella….eran os primeiros en cruzala Ría de Arousa a nado, dende o Grove ata Riveira, co fin de facer visible a dureza de vivir e convivir cun DCA, tentando normalizar unha realidade que afecta a toda a sociedade; pero que esta mesma sociedade, sen decatarse mira de reolllo para o DCA. Nace o arousaman Manolo O Nacho, nacen tódolos arousaman, homes, mulleres, nenas e nenos, que cando inician unha nova etapa na súa vida decátanse que non están o suficientemente preparados, pero aínda así buscan os recursos necesarios na forza, coraxe e serenidade para derrotalo medo, incertidumbre e desgaste, rodeándose de amigos que os acompañen na súa viaxe sen retorno.

Esta práctica deportiva repítese o 29 de Xullo de 2017, e adquire así un carácter bianual da celebración do evento deportivo nos meses de xullo de cada ano impar. Adquire tamén un carácter permanente de sensibilización promovido por tódalas mulleres e homes que se converteron en arousaman e comparten os mesmos principios e intereses.

Da ampliación de seguidores da iniciativa creada e da proxección de futuro de continualas accións de visibilidade das persoas e familiares afectadas polo DCA, nace a necesidade de adquirir unha identidade propia a través do movemento asociativo que se crea nos presentes estatutos, coñecida comunmente como arousaman e que paradóxicamente se iniciou un día despois do día nacional do DCA, 26 de Outubro de 2014.

TRAVESÍA A NADO O GROVE – RIVEIRA 13.000 mts. = 7,03 millas

A %d blogueros les gusta esto: